En Marea solicita a Fomento que arranxe as deficiencias da N-640 para minimizar as inundacións

Logo da súa recente visita a Cuntis para participar na xornada ‘Os Parlamentos na rúa’, a deputada de En Marea, Alexandra Fernández, presentou no Congreso unha iniciativa parlamentar dirixida ao Ministerio de Fomento para solicitarlle que emprenda canto antes as demandadas actuacións de mellora da tubaxe que vai por debaixo da N-640 para unha axeitada drenaxe da auga do río Calvos, afluente do Río Gallo, cando se producen enchentas.

A deputada de En Marea traslada a Fomento o problema que se vive en Cuntis coas inundacións do río Gallo en periodos de choivas. “As causas son varias e dependen da actuación de diversas administracións, tanto da Xunta como do Ministerio e do concellos, que deben aportar as medidas precisas para dar solución a un problema que produce unha grande preocupación entre a veciñanza”.

Minimizar o impacto das enchentas do río

Lembra especialmente Alexandra Fernández as enchentas do pasado ano 2016 que “deixaron un balanzo de

importantes danos”. E pon de manifesto as reivindicacións dos veciños e das veciñas que levan anos pedindo solucións para evitar os destrozos das enchentas do río Gallo. “Por un lado este río necesita dunha urxente actuación de rexeneración e limpeza nas súas marxes, algo que lle compete á Xunta, e por outra parte, o problema agrávase debido as obras que fixo no seu día Fomento na N-640. Daquela Fomento alegou que o afluente de río Gallo, o Calvos, podías salvar mediante a colocación de dous tubos de drenaxe transversal e 1 metro de diámetro. A cuestión é que os tubos carecen das dimensións suficientes, son moi cativos, para absorver toda a canle de auga, co cal, cando hai enchentas prodúcese un efecto presa que empiora a situación”.

Demanda a deputada de En Marea que o Ministerio cambie a tubaxe no quilómetro 217 da N-640. “Trátase de que por fin todas as administración implicadas arranxen a súa parte e se poida minimizar o impacto das inundacións”. Razón pola que empraza a Fomento a solucionar xa esta deficiencia que non implica grandes obras e aliviará a situación.

??Accede aquí á iniciativa parlamentar rexistrada por Alexandra Fernández ante o Ministerio de Fomento.

Share

Tamén pode gustarche...